Romaría da Virxe da Saúde en Parada

A parroquia nigranesa de Parada celebra este domingo 7 de agosto a Romaría na honra da Virxe da Saúde. Na véspera, o sábado día 6, celebraranse Misas ás 12:00 do mediodía, ás 18:00 e ás 20:00 horas. O día da festa, o domingo 7, haberá Misas ás 6:00, 8:00, 10:00, 12:00, 18:00 e 20:00 horas. O luns 8 terá lugar unha Misa ás 21:00 horas.