Castro e Ladeira organiza unha excursión a Zamora

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza unha viaxe a Zamora os días 17 e 18 de marzo. O prezo da excursión é de 169 euros para os socios e de 172 euros para os non socios, incluíndo autobús, cuarto dobre en hotel de 4 estrelas no centro de Zamora, pensión completa, auga e viño, comida en restaurante, cruceiro fluvial, guía oficial en Zamora, visita ao Museo do Viño e seguro de viaxe. O suplemento por cuarto individual é de 30 euros. As reservas poden realizarse nos teléfonos 678 586 869 (Emilio), 653 793 844 (Isabel) ou 986 194 525 (Asociación).

Día 17
Saída dirección presa de Aldeavilla. Chegada e embarque para realizar un cruceiro fluvial. Ao terminar comida nun restaurante da zona. Despois de comer saída dirección Zamora. Chegada ao hotel e distribución de habitacións. Pola tarde visita á cidade de Zamora con guía oficial. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento.

Día 18
Almorzo. Saída cara a Toro onde se visitará o Museo do Viño. Despois tempo libre. Regreso ao hotel. Comida. Á hora prevista regreso.