“Eje del Mal” gaña o Torneo de Volei Praia de Baiona

A Praia da Ladeira acolleu o sábado o XXI Torneo de Volei Praia de Baiona. Máis de 230 deportistas en 52 equipos repartidos nas categorías de Adultos (40 equipos) e Sub 14 (12 equipos) participaron no primeiro dos catro torneos que organiza o Concello de Baiona durante os meses de xullo e agosto.

A competición, organizada polo Club Vigo Voley conxuntamente coa Concellería de Deportes de Baiona, comezou ás 10:00 da mañá e desenvolveuse en dúas fases, a primeira con grupos en sistema de liga todos contra todos a 1 set de 21 puntos, clasificándose os tres primeiros de cada grupo, e as fases eliminatorias cun sistema de eliminación directa ao mellor de 2 sets a 15 puntos.

O equipo vencedor desta XXI edición foi “Eje del Mal” tras derrotar a “Los Ángeles de Edu” na gran final. “Gaztec” e “Manirotas” foron os equipos semifinalistas.

No cadro de consolación os campións foron “Equipo A”, quedando subcampión “Huele A Ladeira”. “Pequeña Langosta” e “2 de Saque” foron os equipos semifinalistas.

Na categoría Sub 14, o equipo vencedor foi “Sanse Bay”, despois de vencer na final a “Los Pantuflas”. “Pa Darlle” e “Duarte” foron os semifinalistas.

Todos os participantes recibiron unha camiseta, bebida e comida para pasar un día de praia. A concelleira de Deportes, Miriam Costas, foi a encargada de entregar os trofeos aos gañadores.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.