Controlado un incendio forestal en Vilaza

Controlado desde as 16:37 un incendio forestal declarado na parroquia gondomareña de Vilaza ás 15:59 horas deste domingo. A rápida intervención da Policía Local, GES de Val Miñor e servizos de extinción de incendios evitou que as chamas se propagasen. Nestes momentos traballan na zona 2 axentes, 3 brigadas, 2 motobombas, 3 avións e 3 helicópteros. Segundo informou a Consellería de Medio Rural aínda non hai datos da superficie afectada, pero estímase menos de 1 hectárea. O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, afirmou que todo apunta a que foi intencionado. Ademais, en Nigrán produciuse unha falsa alarma de incendio forestal.