Nigrán festexa ao seu patrón San Fiz con dous días de verbena, banda de música e torneo de bolos

O Concello de Nigrán abre o domingo 31 de xullo os festexos de San Fiz, patrón do municipio, con verbena da Orquestra Saudade e Trío Azar no Ceán. O luns 1 de agosto, festivo local, terá lugar ás 10:00 horas da mañá na Praza do Concello un breve concerto da Agrupación Musical de Belesar, que volverá a tocar tras a Misa Maior das 12:00 e procesión xa no torreiro do Ceán, onde como é tradicional non faltará o pulpeiro. Xa a partir das 23:00 horas será a gran verbena coa Orquesta Capitol. Paralelamente, durante todo o fin de semana celebrarase no Ceán o “XI Torneo de Bolos Celta San Fiz”.

A festa de San Fiz a organiza sempre directamente o Concello e forma parte do programa “Música nas Parroquias” no que se invisten máis de 60.000 € (10.000 € a través da Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra) nas diferentes festas patronais. As vindeiras citas serán o Carme de Lourido o 31 de xullo, Virxe das Angustias de Nigrán o 21 de agosto, San Roque de Camos o 24 de agosto e, finalmente, Bo Xesús de Priegue o 4 de setembro.