Gondomar entrega este sábado o XI Premio de Poesía Victoriano Taibo

O Auditorio Lois Tobío acollerá este sábado 17 de novembro o acto de entrega do XI Premio de Poesía Victoriano Taibo a Laura Ramos Cuba, convocado polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, que poñerá o broche de ouro á I Semana Poética Victoriano Taino, que incluíu un slam poético e un mini-concerto recital, e encheu a vila de versos. O acto comezará ás 19:30 horas con entrada de balde.

A banda de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, amenizará o acto en que a autora recibirá o galardón da man do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e recitará algúns poemas da súa obra. No acto tamén intervirá o director do IEM, Xulián Maure. Á saída, no vestíbulo, estará agardando un albaroque de confraternización durante o cal a autora asinará libros para quen o desexe.

O premio está dotado con 3000€ e unha peza escultórica da autoría de Fino Lorenzo.