Catro días de cervexa artesá en Baiona

Case 60 tipos de cervexa a disposición de todo aquel que se achegue ao Parque da Palma entre este xoves, 28 de xullo, e o domingo, 31. Tal é a promesa da II Festa da Cervexa Artesá de Baiona “La Pinta”, organizada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, e da Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.

Unha festa da cervexa de autor que, na súa segunda edición, converterá á vila nun punto de encontro de afeccionados e produtores. Os artesáns chegados, sobre todo, da provincia de Pontevedra e de distintos puntos de Galicia e algúns convidados do estranxeiro, terán estes días as súas casetas na Palma.

A entrada á feira é gratuíta, e non é necesario degustar o produto para entrar no recinto, que tamén alberga diferentes foodtrucks que ofrecen ao público unha variedade de opcións culinarias.

“Desde o Concello de Baiona queremos centrarnos en reforzar o carácter familiar da celebración. Por iso, esta II edición contará cunha variedade de xogos infantís dedicados a divertir aos máis pequenos da casa. Ademais, cada xornada estará amenizada por DJs locais. Haberá foodtrucks, degustacións, charlas, obradoiros, sesións BEER-MÚ e moita diversión”, destaca o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.

PROGRAMACIÓN:

XOVES 28 DE XULLO:
19:00 Inauguración do Festival.
19:30 Apertura da zona de xogos populares.
20:00 a 23:00 Actuación de DJ VIKTOR FLORES.
00:00 Peche do festival.

VENRES 29 DE XULLO:
12:00 Apertura do festival.
12:00 Música ambiente toda a xornada.
12:30 Apertura da zona de xogos populares.
13:00 Sesión beer-mú
19:00 Obradoiro infantil.
21:30 Concerto do grupo EL PELOTÓN DE LOS TORPES.
01:00 Peche do festival.

SABADO 30 DE XULLO:
12:00 Apertura do festival.
12:00 Música ambiente toda a xornada.
13:30 Sesión beer-mú. Actuación do grupo NÓSFOLK
12:30 Apertura da zona de xogos populares.
19:00 Obradoiro infantil de creación de chapas.
22:00 Concerto de EXERIA.
01:00 Peche do festival.

DOMINGO 31 DE XULLO:
12:30 Apertura do festival.
12:40 Apertura da zona de xogos populares.
13:30 Sesión beer-mú.
17:30 Obradoiro infantil de creación de malabares.
20:00 Concerto de MANU PEREYRA.
20:30 Concurso á mellor etiqueta do festival.
20:35 Concurso á mellor cervexa do festival.
20:40 Concurso á mellor Foodtruck.
20:45 Entrega de premios cervexeiros.
23:00 Clausura do festival…