“El Huésped” do CPA Gondomar finaliza a tempada no alto máis do podio

A pasada fin de semana tivo lugar no Porriño a Copa Galega de show, na que o Club Patinaxe Artística Gondomar tivo a súa representación en segunda categoría en grupos grandes, co seu programa denominado “El Huéped”, conseguindo ser os primeiros na súa categoría. O campionato comezou o sábado 16 cos adestramentos de primeira categoría ás 10:30 da mañá finalizando coa entrega de trofeos a partir das 20:00 do domingo 17 de xullo.

O grupo gondomareño conseguiu subir ao máis alto do podio cunha puntuación de 46,60, levándose o primeiro posto. O grupo liderado polo seu adestrador David Figueroa e a súa preparadora física María Nombela saíu a pista a defender o seu programa e finalizou a súa tempada no máis alto como xa anteriormente fíxoo no Trofeo Internacional de Vigo, Trofeo Terras de Orcellón ou no Campionato Galego.