
Finca Moreiras organiza os roteiros guiados “Safari Etolóxico de Garranos”. Un safari sostible descubrirá este animal salvaxe e prehistórico campando ás súas anchas no privilexiado lugar do Alto da Groba. As visitas guiadas serán a pé. Sairá un autobús do centro de Baiona con guías para coñecer á única reserva de cabalos salvaxes do Atlántico, a maior manda de equinos en liberdade de Europa e un dos poucos lugares de España onde velos en semiliberdade e sen necesidade de intervención humana para sobrevivir.
A actividade “Safari Etolóxico de Garranos” ofertarase o vindeiro xoves 14 de xullo e o 28 deste mes. Tamén no mes de agosto. Un mini bus sairá desde a Oficina de Turismo de Baiona ás 10:15 da mañá para realizar o roteiro guiado para observar e coñecer o comportamento dos garranos, cabalos salvaxes da Serra da Groba, na súa contorna natural, finalizando ás 13:15 horas. O prezo é de 25 €/persoa e 20€/menores de 12 anos. Requírese un mínimo de 12 persoas para facer o roteiro. Para inscribirse é necesario enviar un correo a fincamoreiras@gmail.com.
Así mesmo, a empresa Baiventura oferta a actividade “Baiona Natural”. Unha serie de novos roteiros de sendeirismo entre as catro parroquias do municipio. Están recomendadas para maiores de dezaseis anos, teñen unha duración aproximada de 3,5 horas e a súa dificultade é moderada. Contarán con guía durante o percorrido. O prezo é de 14 euros por persoa. Inclúe agasallo de benvida, seguro de accidentes e guías titulados.
O primeiro dos roteiros ofertarase o vindeiro venres 15 de xullo e denomínase “A Groba Panorámica”, deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da contorna panorámica da vila. O roteiro de 7 Km mostra a contorna marítima desde os mellores miradoiros do Alto da Groba. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse o Miradoiro do Cortelliño, o Miradoiro do Alto da Groba, A Gabiñeira, Granxa da Tomada, Fonte da Groba.
Seguiranlle o domingo 24 de xullo “Descobre Baredo” e o venres 29 deste mes “Solpor na Groba”. Durante o mes de agosto ofertaranse outras catro roteiros: o domingo 7 de agosto “A Groba Montañosa”; o venres 12 “Solpor na Groba”; o domingo 21 de agosto “A Groba Panorámica” e o domingo 28 “Descobre Baredo”. Para inscribirse é necesario enviar un correo a baiventuragalicia@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 690814343.
Trátase de dúas iniciativas que contaron co respaldo institucional do Concello de Baiona e que tiveron unha gran aceptación do público. “Cando Adrián Martíns e David Fontán presentáronme as súas propostas non dubidei en mostrarlle apoio desde o Concello de Baiona. Os veciños de Baiona teñen moi boas ideas de negocio e noso deber como institución máis próxima é mostrarlle o noso apoio aos veciños e veciñas para que desenvolvan os seus proxectos”, destaca o Alcalde, Carlos Gómez Prado.