As Noites de Talaso ofrece este verán 16 actuacións en vivo para gozar coa cociña de Javier Fins

Desde o vindeiro venres, 15 de xullo, a terraza panorámica do Hotel Talaso Atlántico volve ser escenario da mellor música en vivo coas bandas Blue Monk, Javier Araújo, Club Naval, Oddity Light e Adolfo FH. As actuacións en directo poderán ser desfrutadas tanto por clientes hospedados como externos que utilicen o servizo de restaurante ou cafetería do hotel. Así, as Noites de Talaso ofrecerán a oportunidade de pasar unha velada con boa música e gozar da cociña atlántica do chef Javier Fins.

Abrirá o cartel este verán Blue Monk, banda cun repertorio pegado ao jazz, soul, blues e pop-rock, un auténtico percorrido pola historia da boa música. O trío repetirá actuación na terraza de Talaso Atlántico o 5 de agosto. O día 16 de xullo será a quenda de Javier Araújo, cantante e guitarrista experto en imitar voces dos músicos españois máis sobresalientes da escena musical dos 80 e os 90. Araújo volverá actuar nas Noites de Talaso o 23 de xullo, e o 6 e 14 de agosto.

A primeira actuación de Oddity Light terá lugar o 22 de xullo. Esta banda de pop-rock repetirá o 22 de xullo e o 12 e 19 de agosto. O vigueses Club Naval protagonizarán As Noites de Talaso o 24 e 29 de xullo e o 4, 11 e 18 de agosto. Por último, a quinta proposta musical deste verán será a de Adolfo FH cunha única actuación o 13 de agosto. Adolfo é cantante e guitarrista, membro de Stoned at Pompeii, banda producida por Warner.

Todos os concertos comezarán ás 22:30 horas.