Juan Otero, Ismael Torres, José Rodríguez e Belén Rodríguez e Óscar Zapata, clasificados para os nacionais de bolo celta

Este fin de semana celebráronse no Val Miñor os torneos clasificatorios para os Campionatos de España de bolo celta, en categorías cadete, xuvenil, veteranos e parellas mixtas.

  • En categoría cadete o primeiro clasificado foi Juan Otero do club de bolos Gondomar.
  • En xuvenil, primeiro clasificado, Ismael Torres do club de bolos San Cibrán.
  • En veteranos, primeiro clasificado, José Rodríguez do club de bolos Mañufe.
  • En parellas mixtas, primeira clasificada, a parella do club Rega, formada por Belén Rodríguez e Óscar Zapata.

Nesta última categoría bateuse o récord de participación nun torneo galego de bolo celta, xa que no mesmo participaron un total de 42 parellas, 40 pertencentes ao Val Miñor, unha de Viana do Bolo de Ourense e a outra de Boiro da Coruña.