Xa está aquí o novo de Xente Tóxica: “A historia dos vencidos”

O grupo de rock e punk do Val Miñor Xente Tóxica vén de presentar o seu novo tema, con videoclip incluído. Titúlase “A historia dos vencidos”, e xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais: Amazon Music, Last, Spotify, YouTube, Apple Music, Deeze… Este traballo é o resultado de varias forzas conxuntas traballando man con man: Pancho (Planta Sónica) aos mandos do son; Gabri Reigosa (Carpintería Rec) á produción; e Juaki Fuentes (Incendiaria AV) á cámara de vídeo. O grupo, formado por Toje (Voz e Guitarra), Carlos Norio (Guitarra e Coros); Jordi (Baixo) e Nacho (Batería), tamén agradece á fotógrafa Andi Iglesias e Kike Ikoi “por estar aí sempre dispostos a botar unha man”.