O CPA Gondomar prepárase para a European Championship Show en Italia

A semana foi intensa para o Club de Patinaxe Artística Gondomar, comezando polo Campionato de España de Júnior a Sénior en Cantabria, no Palacio de Deportes de Santander do 30 de xuño ao 2 de xullo, no que tiveron a súa saída a pista Manuel Estévez e Andrea López.

Os grupos show tamén tiveron o seu encontro no II Trofeo Torres de Orcellón, que se celebrou o pasado domingo día 3 de xullo no Carballiño, en Ourense. Ambos os dous grupos, tanto o nacional con “Last Kaneri”, como o promocional “El Huésped”, levaron os ouros da tarde, sendo o grupo pequeno nacional a puntuación máis alta da xornada, ambos os dous liderados polo adestrador do club David Figueroa Pérez e a súa preparadora física María Nombela.

Todo iso foi a antesala para o próximo campionato en Italia, a European Championship en Forli, ao que se dirixen os nove integrantes de “Last Kaneri” co seu adestrador David Figueroa o 7 de xullo, tras clasificarse no Campionato de España de Reus.

Este é un ano apoteósico de logros para o Club Patinaxe Artística Gondomar, que non deixa de colgarse medallas. Os seus seguintes campionatos tras Italia, para os que está a solicitar recadación urxente e nos que conseguiu clasificarse, será agosto Alemaña no World Skate, a copa do mundo de Patinaxe artística en Gottingen, e posteriormente o World Roller Games de Arxentina, o campionato do mundo show de patinaxe artística.