Homenaxe de despedida por xubilación a dous funcionarios de Gondomar

Hoxe, compañeiros de traballo no Concello de Gondomar, rendéronlle homenaxe pola súa xubilación a José Manuel De Saa Méndez (Manel), policía local deste Concello dende o ano 1986, e tamén a José Rodríguez Domínguez (O Neno), administrativo adscrito ao servizo de Intervención e Información Catastral, dende o ano 1980.

Despois de máis de 26 e 42 anos, respectivamente, os dous funcionarios pasan a dispoñer de moito máis tempo para dedicarlle ás súas afeccións e desfrutar de todo o que colleitaron durante a súa larga vida laboral.

A homenaxe consistiu nunha comida de confraternidade, dos seus amigos-compañeiros, nunha coñecida tapería da zona, na que lle mostraron o seu recoñecemento por toda unha vida de traballo e dedicación ao pobo de Gondomar.