O sorteo de Euromillones deixa un premio de 36.000 € en Nigrán

O sorteo de Euromillones celebrado este martes deixou un premio de Terceira Categoría (5+0) en Nigrán. O boleto premiado foi validado no Despacho Receptor Nº 86, situado na rúa Rosalía de Castro número 2, moi preto do Concello. O agraciado recibirá 36.009,15 euros. A combinación gañadora correspondeu aos números 35, 10, 47, 42 e 48. As estrelas foron o 11 e o 2.

Non existen boletos acertantes de Primeira Categoría (5+2). En España existen dous boletos acertantes de Segunda Categoría (5 + 1) que foron validados no Despacho Receptor Nº 82.965 de Valencia e na Administración de Loterías Nº 418 de Madrid. De Terceira Categoría (5 + 0), ademais do selado en Nigrán, existen outros dous, que foron validados na Administración de Loterías Nº 146 de Madrid e na Nº 2 de Las Rozas de Madrid.

Co Eurobote xerado no próximo sorteo de EuroMillones un único acertante podería gañar 198 millóns de euros. O boleto acertante de El Millón foi validado na Administración de Loterías Nº 3 de Miranda de Ebro.