Máis de cincuenta escolares desfrutan da “Semana Verde” de Baiona

Esta mañá, o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Deportes, Miriam Costas Iriarte, achegáronse a visitar aos participantes da “Semana Verde” e a coñecer de primeira man as súas impresións acerca do programa. Máis de cincuenta escolares baioneses participan nas actividades que durante tres días están a realizarse no Cámping da Ladeira.

A “Semana Verde” consiste en actividades de lecer, xogos e outras de carácter informativo onde o coñecemento da fauna, flora e historia da nosa contorna completan o programa. As pequenas e os pequenos iniciaron o luns a primeira das tres xornadas (luns 27, martes 28 e mércores 29 de xuño) polo que hoxe pola tarde clausurarase esta divertida experiencia.

Esta actividade é ofertada polo Concello de Baiona de forma gratuíta do mesmo xeito que a “Semana Azul”.