Os Círculos de Podemos no Val Miñor urxen a avanzar nos dereitos LGTBIQ+

Os Círculos de Podemos no Val Miñor urxen a avanzar nos dereitos LGTBIQ+. Antía Fernández, integrante da Secretaría autonómica de feminismos indica que “a mellor maneira de celebrar o Orgullo e seguir avanzando en dereitos”. A formación presentou un requirimento nos seus respectivos concellos para instar ao Goberno do Estado a aprobar á maior brevidade a Lei LGTBI e TRANS.

Segundo Alejandra Matos, responsable da área LGTBI de Gondomar, “como sociedade temos unha débeda coas persoas LGTBIQ+, aprobar a lei TRANS e LGTBIQ+ é unha cuestión de xustiza e de respecto dos dereitos humanos”. Ademais, sinala que “a mellor maneira de celebrar o Orgullo e seguir avanzando en dereitos”.

A formación pon en valor o traballo feito polos colectivos LGTBIQ+ como “fundamental para a conquista de dereitos e construción dunha sociedade máis igualitaria e xusta”, engade Rosa Leyenda, responsable de feminismos de Podemos Baiona, quen ademais, anima á veciñanza a participar nos actos de celebración deste Orgullo 2022 e agradece o seu traballo ás organizacións. Asemade, espera o compromiso da corporación cos acordos propostos, xa que o Concello ten unha “responsabilidade por ser a institución máis próxima ás persoas en facer da nosa unha vila diversa e inclusiva”.