O persoal da Área Sanitaria de Vigo mostra en fotografías a súa visión da volta á normalidade asistencial

A directora asistencial da Área Sanitaria de Vigo, Susana Cerqueiro, presidiu hoxe a entrega de Premios do VII Concurso de Fotografía do Persoal da Área de Vigo aos gañadores deste certame, que este ano tiña como temática “Volvendo á normalidade asistencial”.

O primeiro premio foi para Mª Carmen Pérez Graíño, Técnico de Imaxe diagnóstica, pola súa fotografía “Volvendo a sentir”; o segundo, recaeu na TCAE do Meixoeiro, Mª Carmen Pellitero, por «Tempo de apertas»; e o terceiro en Pablo Lamas, facultativo de medicina interna, que participou coa fotografa “Volvemos, sin olvidar a los que ya no volverán”.

Este concurso, enmarcado no conxunto de actividades conmemorativas do VII Aniversario do Hospital, tivo un xurado composto por profesionais cualificados, como Alfonso Lubián e os tres responsables de fotografía dos periódicos locais: Ricardo Grobas do Faro de Vigo; Mercedes Moralejo da Voz de Galicia; e Jorge Landín do Atlántico Diario.

Ademais dos tres premios o xurado realizou unha selección de fotografías para a realización dun vídeo así como as finalistas para ser expostas no hospital. Despois da entrega de premios, inaugurouse a Exposición das seleccionadas na área de consultas externas.