Dobre ouro para o CPA Gondomar no Trofeo Internacional Cidade de Vigo Show

Este domingo celebrouse o Trofeo Internacional Concello de Vigo de grupos show, comezando a apertura en sesión de mañá ata as 20:00 horas da tarde, momento no que se efectuou a entrega de trofeos e medallas. O Club Patinaxe Artística Gondomar participando en grupo promocional grande con “El Huésped” e en grupos show pequenos con “Last Kaneri” conseguiu subir ao alto do podio en todos os seus shows.

Desde que en maio de 2019 disputouse a última edición, debido a que a pandemia impedira ata o de agora retomar o campionato, non se volveu a celebrar, e agora denominándose Trofeo Internacional Cidade de Vigo Show, sendo esta a súa quinta edición, o CPA Gondomar consegue igualmente o ouro. Tanto pola mañá co seu grupo de promoción, como co seu grupo pequeno nacional na xornada de tarde.

Os grupos demostraron a súa destreza, forza e velocidade en pista, o nivel era importante, como xa os grupos nacionais mostraron en Reus, no Campionato de España. “Last Kaneri”, descendentes dunha dinastía indíxena. Criadas entre arcos, frechas e lanzas. O destino das Kaneri verase alterado pola chegada dun intruso. Co seu programa repleto de dificultade as Kaneri non deixaron indiferente ás bancadas nin aos xuíces, conseguindo as maiores puntuacións da tarde.

O grupo gondomareño tras a súa clasificación en Reus, no Campionato de España, ten próximas viaxes para representar ao seu país na Copa de Europa en Italia, na European Championship, Alemaña á final da World Cup, e Arxentina ao Campionato do Mundo, o cal conleva un esforzo económico inviable para o grupo, moi difícil de conseguir tendo en conta que a patinaxe artística é un deporte minoritario.

Chegar a clasificarse para ter a súa participación en Europa e no Mundo, é un gran esforzo de traballo diario do show co seu adestrador David Figueroa e a súa preparadora física e coach María Nombela, quen percorreu á beira do grupo de “Last Kaneri” un arduo camiño para chegar ata este punto no que todo depende de conseguir os fondos para poder proseguir as súas viaxes deportivas.