Baiona, un referente da lingua inglesa

Baiona aposta pola cultura e convértese unha vez máis nun referente do inglés xa que este sábado o Pavillón Municipal de Deportes da vila acolleu outra multitudinaria convocatoria dos exames oficiais ISE do Trinity College London. Candidatos da escola de inglés Royal Celtic Bay, membro de FECEI (Federación Española de Centros de Idiomas), dirixida por Loreto Valenzuela Leyenda, presentáronse a dita proba examinándose nas catro destrezas esixidas a nivel universitario para a obtención de calquera grao, nos niveis B1, B2 e C1 do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.

Estes certificados convertéronse nun pasaporte para acceder a títulos universitarios, estudos de grao, posgrao e master, ou bolsas Erasmus, traballar na administración pública, ou simplemente para optar a un posto de traballo mellor. Os certificados de inglés ISE de Trinity College London están recoñecidos en España polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes (MECD) e por todas as comunidades autónomas.

Os exames oficiais de inglés de Trinity College London están calibrados externamente pola Universidade de Lancaster con relación ao Marco Común Europeo de Referencia (MCER). Trinity College London está recoñecido por OFQUAL e é un dos dous únicos membros de pleno dereito de ALTE, principal referente europeo da avaliación de idiomas, que concedeu aos exames de inglés de Trinity a cualificación “Q-Mark” que só outorga aos máis recoñecidos e acreditados exames de linguas europeas, por cumprir todos os seus esixentes estándares de calidade. Á súa vez os exames ISE forman parte dos cadros de certificados recoñecidos para acreditación de niveis de inglés de CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas) e ACLES (Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior).

A realización deste exame contou coa colaboración e organización do Concello de Baiona e da asociación de empresarios ACEBA. Apostando sempre pola cultura, futuro e formación, o próximo curso Royal Celtic Bay, desinteresadamente seguirá coa súa iniciativa pioneira de bolsas para familias con poucos recursos, segundo convenio en colaboración co Concello de Baiona e servizos sociais, quen se encarga de xestionar a selección das familias.