Festa de San Xoán en Peitieiros

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, coa colaboración da Comisión de Festas Virxe de Fátima 2022, organiza o xoves 23 de xuño unha festa de San Xoán a partir das 22:30 horas. Haberá sardiñas, choripán, churrasco, queimada e música, coa actuación de “Ecos e Agarimos” e o dúo Dharma. Ás 00:00 horas acenderase a tradicional fogueira.