Baiona ilumínase de verde polo Día Mundial da ELA

Este martes celébrase o Día Mundial da ELA e o Concello de Baiona iluminou de verde a Casa Consistorial. Con motivo deste día, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica- AGAELA, en colaboración coa Confederación Nacional de Entidades de ELA (ConELA), lanzaron a Campaña #LuzporlaELA, na que edificios e monumentos de toda España, iluminaranse de verde co obxectivo de visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que conlevan no día a día. AGAELA convida a fotografar os edificios e monumentos iluminados de verde e a difundilo nas redes sociais coa etiqueta #LuzporlaELA2022.