Nigrán ilumínase de verde o martes 21 polo Día Mundial da ELA

O 21 de xuño celébrase o Día Mundial da ELA e o Concello de Nigrán unirase iluminando de verde a Casa Consistorial. Con motivo deste día, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – AGAELA, en colaboración coa Confederación Nacional de Entidades de ELA (ConELA), lanzaron a Campaña #LuzporlaELA, na que edificios e monumentos de toda España iluminaranse de verde co obxectivo de visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que conlevan no día a día. En 2021 uníronse 256 concellos de toda España iluminando 345 monumentos emblemáticos, e a nivel internacional sumáronse Colombia e Panamá.

En Galicia iluminaranse de verde máis de 72 edificios, entre os que se atopan: o Edificio Administrativo de San Caetano e a Cidade da Cultura de Galicia, a Subdelegación do Goberno de Ourense e Lugo, os edificios das Deputacións da Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo; a Torre de Hércules, o Hospital e a Fundación San Rafael, entre moitos outros que se poden consultar na web de AGAELA: https://agaela.es/luzporlaela-2022/.

AGAELA convida a fotografar os edificios e monumentos iluminados de verde e a difundilo nas redes sociais coa etiqueta #LuzporlaELA2022.