Baiona clausura con gran éxito o programa “Con Voz Propia” cun acto no Mosteiro de Oia

Nun escenario inigualable, o Mosteiro de Oia, clausurouse esta mañá o programa “Con Voz Propia”, unha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller. Unha intervención psicopedagóxica na que a práctica vocal (coral e solista) se utiliza para incrementar o empoderamento das mulleres na que participaron veciñas do municipio.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, e a directora do CIM de Baiona, Elena Otero, acudiron ao acto de clausura no que coñeceron de primeira man o traballo realizado polas participantes e asistiron a un pequeno concerto no que as protagonistas foron as mulleres que participaron nesta actividade de 25 horas de duración.

“Con Voz Propia” desenvolveuse no Cetro Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona ao longo do mes de abril e maio os mércores en horario de mañá. Na metodoloxía estivo previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz. Ao mesmo tempo utilizáronse moitos recursos da musicoterapia, a danzaterapia e a dramaterapia para fomentar a libre expresión, o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademais se traballou coas letras das cancións para reenfocar a visión do percorrido vital.

A cabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combinou as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musicoterapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional. Este proxecto parte do presuposto de que a aprendizaxe de canto, como conxunto de técnicas e habilidades vocais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando na descuberta e valorización de si e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a propia estima e realización.

No acto de clausura tamén participaron veciñas de A Guarda que tamén impartiron este curso neste municipio.