A atleta baionesa Ainhoa Reparaz, campioa de España Sub-18

Este sábado celebrouse na localidade de Xerez o Campionato de España Sub-18 de pista ao aire libre. A atleta baionesa Ainhoa Reparaz, da Sociedade Atlética Val Miñor, conquistou a medalla de ouro e por conseguinte proclamouse Campioa de España Sub-18 nos 100 metros, cun tempo de 11.96. Este logro achégaa case de maneira definitiva á súa participación no Campionato de Europa Sub-18, que se celebrará no próximo mes de xullo en Xerusalén (Israel).