I Seminario para Maiores sobre Impostos e Herdanzas en Gondomar

A Universidade de Vigo, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza o I Seminario para Maiores sobre Impostos e Herdanzas, que se celebrará no Centro Neural de Gondomar (edificio da Policía Local) os días 20, 21, 28 e 29 de xuño en horario de tarde, de 16:30 a 18:30 horas.

Este seminario forma parte do “Programa Universitario de Maiores”, e nel poderán participar tanto aqueles alumnos e alumnas matriculados no programa como calquera persoa interesada nos temas tratados neste seminario que poderá acudir como ouvinte.

O número de prazas presenciais é limitado polo que é recomendable a reserva previa no correo alcaldia@concellodegondomar.gal.

Para inscribirse no Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo poden facelo na seguinte ligazón.