A Agrupación Musical de Vincios celebra esta fin de semana os seus actos de Nadal

A Agrupación Musical de Vincios celebra esta fin de semana os seus actos de Nadal no Centro Cultural de Vincios. Por unha parte, o sábado 21 de decembro ás 18:00 horas terán lugar as audicións da Escola de Música e os concertos das bandas infantil e xuvenil.

Xa o domingo 22 ás 18:30 celebraranse os concertos do Coro da Agrupación Musical de Vincios e da Banda Agrupación Musical de Vincios, que actuarán na compaña dos alumnos e alumnas da escola de música. Este acto está dedicado aos fundadores e directivos que pasaron pola institución e supón o peche ao 40 aniversario da fundación da escola de música. Neste concerto farase o tradicional sorteo das cestas de Nadal entre os socios da Asociación.

Ambos días farase unha recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e sanitarios (paracetamol, gasas, betadine,…) para os refuxiados do Pobo Saharauí.

Anuncios