Un home faleceu ao precipitarse do terceiro andar dun edificio en Baiona

Un home perdeu a vida ao caer desde o terceiro andar dun inmoble situado na Rúa Julían Valverde, en Baiona. O 112 Galicia recibiu a alerta dos feitos ás 15:20 horas da tarde, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Nada máis recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a intervención da Policía Local e da Garda Civil, que tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.