Concerto de verán do Coro de Homes «Voces Baionesas»

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Coro de Homes "Voces Baionesas".

O Coro de Homes «Voces Baionesas» ofrece este sábado 21 de xullo o seu concerto de verán dentro do programa cultural e de lecer Baiverán 2018, organizado pola Concellería de Cultura de Baiona. Será a partir das 23:00 horas na Praza do Concello.