O Centro Juan María organiza un ano máis o seu campamento urbano para persoas con discapacidade

O Centro Juan María, en colaboración cos Concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, volve realizar o proxecto “Ocio para todos” desde o 2 ata o 26 de agosto. Trátase dun campamento urbano de lecer dirixido a persoas con discapacidade intelectual, que viven ou veranean no Val Miñor.

O proxecto consta de 15 prazas por semana. Pódese solicitar unha ou varias semanas, tendo prioridade a concesión solicitada en primeiro lugar: do 2 ao 5 de agosto; do 8 ao 12 de agosto; do 16 ao 19 de agosto; e do 22 ao 26 de agosto. O campamento desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O prezo é de 20 € por semana de 4 días e de 25 € por semana de 5 días. O prazo para inscribirse será desde o 1 ata o 24 de xuño. Máis información na web do Centro Juan María.