As rapazas do Turonia Gondomar FG proclámanse subcampioas do Ibérico de Fútbol Gaélico

Este pasado sábado en Valencia, a amalgama conformada entre o Turonia Gondomar FG e o Independiente FG de Vigo de fútbol gaélico feminino proclamáronse subcampioas da fase final do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico, organizado pola GAA (Gaelic Athlectic Association), ao caer derrotadas contra o Sant Vicent de Valencia.

“O mérito das nosas reside en estar formada a nosa escuadro por rapazas todas de orixe galega fronte ao equipo valenciano formado na súa meirande parte por xogadoras de orixe irlandesa, lugar onde este deporte é maioritario”, destacan desde o club gondomareño.

“Grazas a esta amalgama entre clubs conseguiuse salvar unha tempada que parecía condenada ao fracaso con este grande éxito. Animamos a todas as rapazas do Val Miñor e de toda Galicia a vir probar e practicar este deporte”, conclúen desde o Turonia Gondomar FG.