
O vindeiro luns 30 de maio entregarase o Premio Muller Científica, que outorga o IES Val Miñor desde hai xa cinco anos. O acto, que comezará ás 16:45 horas, terá lugar no patio cuberto do centro.
Na primeira parte haberá unha pequena narración relacionada coa evolución xeolóxica do noso planeta, que será guiada por profesorado do centro. Versará sobre a Xeoloxía, ámbito de traballo e de investigación das dúas premiadas, Marta Pérez Arlucea e Irene Alejo Flores, ambas integrantes do departamento de Xeociencias mariñas e ordenación do territorio, da Universidade de Vigo.
Unha vez rematada esta parte haberá algúns parlamentos, ademais da entrega do premio. A continuación falarán as premiadas e tamén algunhas das autoridades que asistan.