
O Concello de Nigrán informa de que xa está aberto o prazo de solicitude para o Programa Campaña de Verán 2021 (campamentos) organizados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Os campamentos están destinados a mozos e mozas nados entre os anos 2004 e 2013. O período de inscrición comeza o día 18 de maio e remata o día 26 de maio.
Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081.