O Acro Club Nigrán logra subirse ao podio no Campionato Galego Absoluto e a Copa Galicia Escolar

A pasada fin de semana o Acro Club Nigrán logrou subirse ao podio con varios dos seus equipos. Participaron 23 ximnastas, 15 no Campionato Galego Absoluto e 8 na Copa Galicia Escolar.

Na modalidade de Trío Feminino Alevín Elite lograron a medalla de ouro co equipo de Blanca García Pino, Alexia Rajo Montenegro e Daniela Campos Losada.

Na modalidade de Trío Feminino Cadete Elite conseguiron a medalla de ouro co equipo de Aroa Lago Pereira, Tania Gallego García e Blanca Santos Balboa. Tamén conseguiron a segunda posición co equipo de Lía Castro Leyenda, Marta Rodríguez Molinero e Vera Fernández Míguez e; para completar o podio o equipo composto por Sara García Piñeiro, Carolina Santos Balboa e Inés Fernández Gefaell logrou subirse á terceira posición conseguindo a medalla de bronce.

Doutra banda, na Copa Galicia Escolar disputada o domingo 8 de maio, Acro Club Nigrán logrou subirse ao podio nas seguintes categorías:

Trío Feminino Benxamín:

Poppy Rose Moore, Elsa Ridaura Abuín e Leire Rial González – 2ª posición.
Julia Rey Aguiar, Naia Bermejo Quintáns e Claudia Da Rocha Prol – 3ª posición.

Parella Feminina Alevín:

Nayra Novoa Alonso e Solomia Sivolap – 1ª posición. Parella composta pola ximnasta máis nova do club de orixe ucraína.

Todos os equipos escolares debutaron por primeira vez nun campionato de ximnasia acrobática, realizando uns exercicios excelentes que lles abriron as portas ao podio.