Nigrán ofrece unha excursión a Aveiro para veciños empadroados

O Concello de Nigrán ofrece unha excursión o domingo 22 de Maio á localidade lusa de Aveiro, coñecida como “A Venecia Portuguesa” e a menos de 170 kilómetros de Nigrán. O custe é de 25 € e cubre transporte en autobús, xantar e paseo de 45 minutos pola súa ría e canais nos típicos barcos “moliceiros”, incluíndo unha degustación dos famosos doces da zona coñecidos como “ovos moles”.

A inscrición realizarase únicamente este venres 13 de Maio na Oficina de Turismo de Panxón (Gaifar) de 9:00 a 14:00 horas (cada solicitante pode anotar só a un acompañante e debe levar senllos DNI, resultando imprescindible estar empadroado en Nigrán). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición ata completar o autobús, así como as reservas dos asentos.

O menú da excursión será típicamente portugués con aperitivos a base de pan, manteiga, salgadiños e pate de atún, un primeiro prato de crema de legumes, segundo de “bacallau a braz”, e de sobremesa xeado (inclúe bebida).

O goberno local de Nigrán aposta por realizar excursións a Portugal ante o gran interese amosado pola veciñanza e como fórmula de verdadeiro irmandamento entre pobos irmáns que, moitas veces, se descoñecen.