
O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte. Paco Ferreira destacou que “a literatura galega e o noso idioma son unha parte fundamental da nosa cultura e da nosa identidade, pero esta forma parte de un todo que tamén inclue a gastronomía, a cultura, e incluso o deporte”.
Por elo según o rexedor municipal “este ano programamos unha serie de actos moi variados para achegarnos á nosa lingua e á nosa cultura dende perspectivas e ámbitos moi diferentes”.
Así os actos comenzarán o día 13 coa Festa da Empanada, que en colaboración con OVALMI se prolongará ata o día 17 de maio.
O día 15 deste mismo mes a Agurpación Musical de Vincios en colaboración con Espazo Lectura levarán a cabo un espectáculo poético musical a partir das 19:00 horas na Praza da Paradela.
Xa o mesmo día 17, Día das Letras Galegas, comezará na xornada de mañá coa Festa da Bicicleta do Val Miñor con saída e chegada diante da Casa do Concello de Gondomar.
Ese mesmo día pola tarde terá lugar un acto que se iniciará ás 18:30 horas na mesma Praza da Paradela no que calquera cidadán que o desexe poderá participar coa lectura dun fragmento de calquera obra literaria en galego. Para apuntarse a esa actividade deberán remitir un correo a cultura@concellodegondomar.gal cos seus datos persoais e indicando o texto elixido.
Esta xornada rematará cunha actuación a cargo da Asociación Folclórica tradicional “Os Ventos de Comesaña”.
Como colofón a estes días de actividades, o día 29 está programada unha visita a Catoira para acudir á representación da obra “Ás 8 da tarde cando morren as nais”, a cargo do Centro Dramático Galego. Para os interesados en acudir haberá un autobús gratuíto dende Gondomar. Para anotarse a esta actividade deberán facelo a través da taquilla electrónica do Concello.