Gondomar celebra a 9ª edición da Festa da Empanada

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor OVALMI, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza do 13 ao 17 de Maio a 9ª edición da Festa da Empanada.

Neste evento participan 10 establecementos hostaleiros de Gondomar, que enxalzan esta delicia culinaria tan arraigada na tradición de Galicia, convidándonos a facer un percorrido gastronómico no que poderemos degustar diferentes especialidades de empanada, sendo o prezo da ración de 3 €.

As persoas que se acheguen a Gondomar, poderán probar estas deliciosas receitas, votar e elixir á “Mellor Empanada 2022”, a través das papeletas que terán á súa disposición en todos os establecementos participantes, e as cales deberán ser depositadas, unha vez cubertas correctamente, nas urnas dispostas para tal efecto.

Os premios que se sortearán entre todos os votantes serán 4 vales de 50€ cada un, para consumir nos establecementos participantes nesta edición.

Un xurado profesional valorará as empanadas ofrecidas polos participantes. O establecemento que consiga unha maior puntuación outorgada polo devandito xurado terá un premio especial, patrocinado polo Parador de Turismo “Conde de Gondomar”.

Desde OVALMI animan a visitar Gondomar e degustar as deliciosas empanadas preparadas por grandes hostaleiros do municipio.

PARTICIPANTES E AS SÚAS EMPANADAS

EL TRANVIA TU PAN TU CAFÉ SIN GLUTEN MARIÑEIRA CON ATÚN
RESTAURANTE PAZO DA ESCOLA (MAÑUFE) ABERTA CE CHAMPIÑONS E PANCETA
JAMONERÍA TAPERÍA BASTIÓN TEMPLARIA
CAFETERÍA KEIK DOCE KEIK
CAFETERÍA ALAMEDA CARNO AO CALDEIRO
CAFÉ BAR ESTANCO PORCO CON CASTAÑAS E SALSA DE MAZÁ
O NOVO VALENTE NOVO VALENTE
XAMONERÍA CATRO CAMIÑOS CATRO CAMIÑOS
BOCATERÍA A BOCADOS HOXALDRE DE AMENDOA E PERA
CAFETERÍA O TORREIRO DE DONAS CORDEIRO