Máis de 400 participantes gozaron esta fin de semana do Tail do Aloia 2022. Con dúas versións, unha para os máis pequenos en idades comprendidas de 5 a 14 anos e outra para maiores de 16 anos.
O pistoletazo de saída soaba ás 16:30 horas do sábado coa celebración do Aloia Kids Trail, no que os traileros máis pequenos puideron gozar de tres probas correspondentes a cada idade.
Ao día seguinte, tocáballes a quenda aos maiores no Trail do Aloia, que arrancaba ás 10:00 horas coa distancia de 21km seguidos de preto polos traileiros que percorreron 12km con saída ás 11:00 horas. Ambos os dous percorridos tomaron saída e meta no Paseo da Corredera, no Concello de Tui, e foi o Monte Aloia o lugar de encanto onde puideron gozar dunha proba en plena natureza.
E esta vez os participantes non só tiveron que pelexar contra a dureza do percorrido, cun desnivel acumulado de 1690 metros para os atletas do 21k e de 800 para os do 12k, senón que o sol coas súas elevadas temperaturas foi o invitado co que ninguén contaba en pleno mes de maio.
Na carreira máis longa, 21k, puntuable para a Pontevedra Trail League, cumpríronse os prognósticos xa que os favoritos, tanto na categoría masculina como na feminina, cruzaron en primeira posición a liña de meta.
O baionés Daniel Pazó, completaba o trazado cun tempo de 01.56.12, seguido por Marcos Fernández do Castrelos Trail, 01.56,37. Terceira praza para Óscar Guerra de Cambados, que foi capaz de remontar na baixada para lograr o bronce (01.59.34).
Diana Domínguez de Nigrán, era a gañadora con 02.22.39, coa valenciana Elena Rosell, 02.25.18, e Estela Alonso, 02.30.51, flanqueándoa no podio.
Se a distancia de 21 km fíxose dura, o 12k foi moi rápido para a cabeza de carreira. En pouco máis dunha hora, Darío Arias gañaba con gran superioridade (01.01.15), por diante de Iván Pereira, (01.02.10) e de Daniel Domínguez (01.02.25).
No apartado feminino triunfo incontestable para Leticia Trabazos de Salvaterra (01.23.29), con máis de minuto e medio de diferenza sobre a salcedense Vicky Cerqueira 01.25.35, sendo Laura Pérez medalla de bronce.
Tras os mellores foron chegando un rosario de trialeiros que lograron, un día máis, o seu éxito persoal: finalizar unha nova carreira.

