
A pasada fin de semana o equipo Júnior Masculino do Club Baloncesto Baiona Torvigo proclamouse subcampión da Copa Premium organizada pola Federación Galega de Baloncesto. Tras clasificarse en semifinais ao gañarlle ao Club Baloncesto Nigrán e enfrontarse ao Club Baloncesto Tui na final no Pavillón Municipal de Baiona.
Ademais, fíxoselle entrega das medallas de subcampioas ao equipo Júnior Feminino da súa categoría tras eliminar ao Celta Bosco en semifinais e enfrontarse ao Porriño Baloncesto Base na final de Liga.
“Parabén ás nosas mozas e mozos do júnior, ás e os cadetes que tamén achegaron e por suposto aos adestradores, Manu Martín, Álex Piñeiro e Seve Castiñeiras. O Club Baloncesto Baiona Torvigo séntese orgulloso do gran traballo e esforzo realizado por ambos os dous equipos! Somos CBBaiona!”, sinalan do club baionés.