Talaso Atlántico acolle unhas xornadas de convivencia con pacientes de cancro

Talaso Atlántico acolle do 3 ao 6 de maio OncoWeek, un encontro onde un grupo de pacientes oncolóxicos convivirán cun equipo de médicos, persoal de enfermería, fisioterapeutas, estilistas, fisioterapeutas e persoal de talasoterapia co fin de dar visibilidade á enfermidade de forma transversal. O encontro persegue, ademais, que non só os pacientes, todos mulleres, aprendan a coidarse e afrontar a enfermidade, senón que o equipo de profesionais que participa teña ocasión de conectar moi de preto coa enfermidade e coas historias persoais de cada unha destas quince mulleres.

O encontro está organizado polo Centro de Apoio ao Doente Oncolóxico de Portugal en colaboración á revista de saúde, Cuidar. Na primeira xornada, o 3 de maio, participará Marina Antunes, escritora e dinamizadora de actividades para persoas enfermas de cancro. Antunes é autora de “Cancro con humor” ou “Descomplicar o cancro”. O 4 de maio participará Salvador Ramos, director médico de Talaso Atlantico, que analizará a contribución da talasoterapia e os balnearios no proceso dos pacientes con cancro. Esta mesma xornada varias enfermeiras guiarán ás pacientes sobre como deben coidar a súa pel, como deben maquillarse ou como deben afrontar animicamente as sesións de quimioterapia. Durante a xornada do 5 de maio participará a doutora Joana Febra, do servizo de oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario do Porto, quen falará sobre a toxicidade na pel nos tratamentos oncolóxicos. Ademais, este mesmo día está previsto que se celebren varios obradoiros de estilismo e mindfulness, así como unha sesión de exercicio físico na contorna natural de mar e montaña onde se sitúa o Talaso, dirixida por André Martins, preparador físico do devandito centro.

Talaso Atlántico conta cun Centro de Talasoterapia (Servizo Sanitario Autorizado), implicado desde hai unha década na atención e coidado dos enfermos de cancro. Conta con programas de coidados específicos, supervisados polo director médico, Salvador Ramos, ademais de coordinar cada ano o curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela sobre oncoloxía integrativa, e polo que pasaron profesionais da talla de Marina Pollán, directora do Centro Nacional de Epidemioloxía do Instituto de Saúde Carlos III, ou Miquel Porta Serra, epidemiólogo e investigador do Instituto Hospital do Mar, Fernando Gil Villa, catedrático de Socioloxía da Universidade de Salamanca, entro outros.

O permanente contacto con investigadores e outros profesionais sanitarios ha feito do Hotel Talaso Atlántico, un centro de referencia en coidados de pacientes con cancro, labor que ademais comparte co país veciño ao colaborar cada ano no Encontro Ibérico de Oncoloxía.