Podemos Nigrán expón a imposibilidade de adquirir licenzas de vao no municipio

Podemos Nigrán foi informada da incorrecta redacción da normativa municipal que regula a expedición de vaos e como consecuencia unha numerosa cantidade de solicitantes desta licenza non poderán adquirila ata que sexan emendados devanditos erros.

“O anuncio da gratuidade destas licenzas o pasado mes de xaneiro non é máis que outra manobra populista para ocultar a descoidada xestión deste Goberno que afecta directamente á cidadanía de Nigrán, xa que os vaos non se poderán obter baixo ningún concepto ata que se tramite de forma correcta a normativa”, manifesta Lucía Chamorro, enlace territorial e de organización de Podemos Nigrán.

“Outra mostra de mala xestión a atopamos no departamento de seguridade, o cal carece de medios para comprobar a existencia de contaminación acústica, aínda existindo unha normativa municipal que regula este aspecto. Están a darse casos entre a cidadanía de Nigrán que ante a petición de medicións sonométricas atópanse con que a Policía Local non pode efectuar estas avaliacións por falta de medios e persoal cualificado para realizar estas probas”, sinalan desde a formación morada.

Desde Podemos Nigrán consideran que estas carencias que se están dando na xestión municipal son de fácil solución, pero que “a desidia que aflora en parte do Goberno está a repercutir negativamente na coordinación local”.