Porto do Molle, escenario dunha curtametraxe de ficción

Moraima Filmes está a gravar unha curtametraxe de ficción no Polígono de Porto do Molle, en Nigrán. Este proxecto é un traballo de fin de carreira do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo. Contan cun equipo técnico de 12 persoas e cun actor, Fran Paredes. A rodaxe conta a historia dun home que vive no seu vehículo. A realización deste proxecto comezou o mércores á tarde e finaliza o domingo á noite na Rúa do Xián.