Charla coloquio sobre os dereitos sanitarios, a eutanasia e o testamento vital en Sabarís

Hoxe martes 19 de abril, ás 19:00 horas no Multiusos Mercado de Sabarís, celebrarase unha charla coloquio sobre os dereitos sanitarios, a eutanasia e o testamento vital. O evento está presentado por Jesús Araujo, Médico representante da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor. Intervirán Alexandra Sanmarful e Laura Fernández, Médica e Directiva e PSX e Directiva, respectivamente, da Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia. O acto está organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, en colaboración co Concello de Baiona e a Asociación Dereito a Morrer Dignamente, e á que están convidadas todas as persoas que se acheguen ao lugar.