Sin categoría

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará esta semana en Gondomar, Baiona e Nigrán

Unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán esta semana os tres concellos da comarca do Val Miñor. O martes 19 de abril unha unidade estará en Gondomar, dentro da estación de autobuses, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas. O mércores día 20 haberá outra unidade móbil estacionada na Avda. Jesús Valverde, na entrada ao Parador de Baiona, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Finalmente, o venres 22 e o sábado 23 de abril poderase doar sangre nunha unidade situada diante do Concello de Nigrán, de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas o venres e de 10:00 a 15:00 horas o sábado. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.