Dimitri Serjogins e Diana Sousa impóñense na XXI edición do Medio Maratón Vig-Bay

Dimitri Serjogins proclamouse este domingo campión absoluto no XXI Medio Maratón Vig-Bay. Ás 10:40 horas, os atletas partían desde a Avenida de Samil para completar os 21.097,5 metros de percorrido por Vigo, Nigrán e Baiona. O letón fíxoo en 1:05:31, a máis de 1 minuto de Alejandro Martínez Fernández (1:06:55), que cruzou a meta en segunda posición. O terceiro lugar foi para Jose Canda Louzao, cun tempo de 1:07:40. En categoría feminina, a primeira atleta en cruzar a meta situada na Rúa Elduayen foi a portuguesa Diana Sousa, que completou o percorrido en 1:18:50. Máis de 4 minutos despois chegaba Esther Valiño Gómez (1:23:32), e pechando o podio, Sonia Abad Martínez, cun tempo de 1:24:26. En triciclo, handbike e joelette, a vitoria foi para Avelino Rojo Brake (42:41). Iván Bragado Fernández (43:19) ocupou a segunda posición e Pablo Paz Collazo (46:33) a terceira. En categoría feminina, a gañadora foi Vanesa Lea Otero (49:54), seguida de Isabel Moral (56:45) e Eva García González (57:33).

En canto ao II Maratón Vig-Bay, que arrancou ás 8:00 da mañá, o corredor máis rápido foi Rubén Pereira Cardalda, que completou o circuíto de 42.195 metros en 2:33:05, a 6 segundos de Pablo Miguel García García-Paz (2:33:11), segundo clasificado. Esteban Toucedo Santos, cun tempo de 2:34:14, completou o podio. Tamara Amigo Núñez fíxose coa vitoria na categoría feminina, cruzando a meta nun tempo de 3:17:28. Ana Alonso García (3:22:33) ocupou a segunda posición e Paz Méndez Tapias (3:28:03) a terceira. Na modalidade de triciclo, handbike e joelette, Alejandro González Pernas (1:39:11) e Daniel Prada García (1:44:24) foron primeiro e segundo respectivamente. En categoría feminina, a baionesa Mila López Vernet (1:43:06) foi a única participante.

Finalmente, Amadeo Abal Chaves converteuse no gañador da I Minibay, proba que comezou ás 9:15, completando os 10,5 quilómetros de percorrido entre Panxón e Baiona en 33:30, a 2 segundos de Iván Docampo González (33:32), segundo. Carlos Enrique Gutiérrez González (34:15) cruzou a meta en terceira posición. Na categoría feminina, Vicky Losada Pérez subiuse ao máis alto do podio, cun tempo de 44:12. Nazareth Tilve Costas (46:27) foi segunda e Marta Muíño Vidal (47:46) terceira. O único participante na modalidade de triciclo, handbike e joelette foi Antonio Bermúdez Bilbao (1:17:06).

El pase de diapositivas requiere JavaScript.