As procesións de Semana Santa volven ás rúas de Baiona

Despois de dous anos nos que as restricións sanitarias provocadas pola pandemia deixasen a Baiona sen procesións de Semana Santa, neste 2022 as imaxes volverán saír ás rúas da Real Vila. A localidade recupera así o programa de actos e cultos organizado pola Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia e a Parroquia de Santa María de Baiona, coa colaboración do Concello, Aceba e Abanca.

O domingo 10, Día de Ramos, terá lugar a tradicional bendición de Ramos e Palmas na Igrexa Conventual das Nais Dominicas, ás 12:00 do mediodía, para seguir coa procesión cara á Igrexa Parroquial.

Os días 11, 12 e 13, haberá Confesións na Igrexa Parroquial ás 18:00 horas, e ás 19:30 horas, o Triduo Santo do Cristo da Boa Morte.

O Xoves Santo, día 14, comezará con Meditación na Igrexa Parroquial ás 11:00 da mañá. Pola tarde celebrarase a Santa Misa da Institución da Eucaristía, ás 16:00 horas na Igrexa Conventual das Nais Dominicas e ás 18:00 horas na Igrexa Parroquial. Ás 20:00 horas sairá acompañada pola Banda de Música de Baiona, desde a Capela da Misericordia, a Solemne Procesión dos Pasos, organizada pola Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia. Na Praza do Concello farase unha oración ao Cristo dos Pasos. Ás 23:00 horas será hora Santa para toda a parroquia, seguida da Vixilia Extraordinaria aberta da Adoración Nocturna na Igrexa Parroquial.

O Vía Crucis na Igrexa Parroquial iniciará a xornada do Venres Santo, ás 10:00 da mañá. Pola tarde celebrarase a Paixón do Señor e a Adoración da Cruz, ás 16:00 horas na Igrexa Conventual das Nais Dominicas e ás 18:00 horas na Igrexa Parroquial, desde onde sairá ás 20:00 horas a Procesión do Santo Enterro, acompañada pola Banda de Música de Baiona. Ás 23:00 horas sairá desde a Igrexa Parroquial a Procesión da Soidade (só para mulleres).

O Sábado Santo, día 16, haberá unha novo Vía Crucis na Igrexa Parroquial ás 10:00 da mañá. Pola noite, celebrarase a Vixilia Pascual, ás 20:00 horas na Igrexa Conventual das Nais Dominicas e ás 22:00 horas na Igrexa Parroquial.

A Semana Santa Baiona 2022 chegará ao seu fin o 17 de abril, Pascua de Resurrección, coas habituais Misas do domingo, ás 9:00 da mañá no Convento e ás 10:00, 12:30 e 19:00 horas na Igrexa Parroquial.