Presentación de coches de rally en Vilas con churrasco

A Comisión de Festas Mª Auxiliadora de Vilas organiza este sábado 9 de abril a partir das 12:00 do mediodía unha presentación de coches de rally. Haberá churrasco (de porco, chourizo, criollo), patacas e unha consumición (viño, cervexa, auga ou refresco) por 15 euros. É imprescindible a reserva de tickets nos teléfonos 636567024 e 670465976. A presentación será ás 18:00 horas. O evento celebrarase no Torreiro de Festas de Mª Auxiliadora de Vilas, na parroquia gondomareña de Morgadáns.