Sin categoría

Nigrán tínguese de azul polo autismo

O Concello de Nigrán tingue de azul a fachada da Casa Consistorial esta fin de semana de abril para conmemorar o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, iniciativa que naceu co obxectivo de facer visible o autismo e sensibilizar á sociedade sobre as necesidades e dereitos das persoas afectadas por este trastorno e as súas familias.

O autismo é un trastorno neurolóxico que afecta aproximadamente ao 1% da poboación mundial. Estímase que en España hai máis de 450.000 persoas con TEA, cifra que se eleva a case un millón e medio de persoas vinculadas ao trastorno se temos en conta tamén o impacto que produce nas súas familias.

Trátase dun trastorno que aínda resulta moi descoñecido e pouco visible para a sociedade, polo que no ano 2008 as Nacións Unidas declararon o 2 de abril como o Día Mundial do Autismo para romper as barreiras que impiden a plena inclusión das persoas autistas.