Sin categoría

Quedan dúas prazas libres para o curso de lingua signada da Asociación Cultural e Social de Baíña

Mañá xoves arranca o curso de lingua signada na escola do Burgo. Aínda quedan 2 prazas libres. Os interesados poden solicitar máis información no teléfono 644860260. Con este curso a Asociación Cultural e Social de Baíña retoma a súa actividade en prol da integración e ofrecer servizos aos veciños.

Esta asociación tamén ofrece un campamento/obradoiro para nenos e nenas de 4 a 14 anos en Semana Santa, un campamento diferente no que se tratará de fomentar o amor pola natureza a través de xogos, música e tarefas de xardinería adaptadas aos máis cativos.

De igual maneira a asociación vai retomar actividades como ximnasia para maiores, alfabetización, música, cómic, pintura e tamén novos cursos ofrecidos pola Deputación de Pontevedra sobre plantas medicinais e costura (patchwork).

Toda a información no teléfono 644860260.