
O Concello de Nigrán vén de dotar de abastecemento e saneamento públicos a rúa Carousa, en Camos, cun investimento total de 37.623 € con cargo ao Plan Concellos 2020 da Diputación de Pontevedra que incluíu a renovación por completo do pavimento existente. As obras correron a cargo da empresa adxudicataria “Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo S.A.” e consistiron na ampliación en 180 metros das tubaxes de PVC para que as vivendas existentes nesa rúa poidan conectarse xa aos colectores públicos e prescindir das fosas sépticas particulares ou pozos. A demolición da calzada incluíu un fresado da superficie e habilitar gabias para arquetas, etc. “Temos o compromiso de que o saneamento e o abastecemento chegue a todo o municipio porque sabemos que non é só un dereito dos veciños, senón tamén unha medida de protección cara o medio ambiente”, indica o alcalde, Juan González.